Primer equipo | 04/12/2020 11:26
OFornodeRiazor poderá contar con 500 espectadores no encontro deste domingo

Tal e como acaba de comunicar a Xunta de Galicia, o aforamento para o encontro deste domingo ás 18:00 horas fronte a Destino Palencia poderá ser de 500 persoas.
Por esta razón, o Club Básquet Coruña S.A.D. pon desde XA á venda entradas para todas aquelas persoas que queiran gozar do encontro no Palacio de Deportes de Riazor.
- Venda preferente aos Abonos Amigo, desde este momento ata as 14:00 horas de mañá sábado.
- Venda para os afeccionados que non dispoñan de Abono Amigo, desde as 14:01 horas de mañá sábado ata o inicio do encontro.
Adquisición de entradas:
- Fisicamente: Nas nosas oficinas durante o día de hoxe, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
- Web: A través da nosa web, coa clave e usuario en calquera momento. O link para a compra é o seguinte: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index
As entradas son nominativas e só poderá adquirirse unha por usuario e clave, podendo unicamente cada usuario adquirir a súa propia.
Prezo:
- 8 euros Abono Amigo.
- 15 euros resto de afeccionados.
Para calquera dúbida, estamos dispoñibles nas nosas oficinas no horario anteriormente indicado.
Esperámosvos en #OFornodeRiazor!
Primer equipo | 01/12/2020 11:26