#OFornodeRiazor cheo e un mosaico laranxa

Este venres no partido ante o CB Prat ás 20.45 horas #OFornodeRiazor encherase para arroupar ao Leyma Coruña no seu importante compromiso. Ademais, como no encontro ante o Araberri, as bancadas tinguiranse de laranxa para acoller un gran mosaico, tras a gran resposta dada polos seguidores do Leyma Coruña e todos os simpatizantes que mostraron interese por unirse a esta festa.

Unha iniciativa posible grazas a Mahou, un dos patrocinadores do club. Ademais, polo dorso da cartolina laranxa poderedes coñecer unha acción da marca para conseguir a camiseta oficial do Básquet Coruña a través dunha promoción nos locais de Mahou na cidade, na que o número premiado será o que coincida coas dúas últimas cifras do número gañador do sorteo do ONCE.

Contaremos cunha gran afluencia de público, con posibilidades de superar o cheo histórico nas semifinais do play off de ascenso a ACB de fai tres tempadas, grazas a unha nova proposta do club Básquet Coruña, que con carácter excepcional, permitiu de novo que os socios e abonados puidesen convidar a quen quixesen #OFornodeRiazor e contaxialos así do #SentimientoNaranja.