O XV Campus Memorial Diaz Miguel terá sede en Coruña

Durante os días 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26 e 27 de xullo nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo desenvolverase o  prestixioso Campus Diaz Miguel, que por segundo ano consecutivo, contará con colaboración do Club Básquet Coruña.

O Campus Diaz Miguel é unha actividade dirixida á mellora técnico-táctica do xogador de baloncesto, e os xogadores están organizados por niveis para adaptar os adestramentos o máximo posible ás demandas individuais.

O Campus desenvólvese en réxime de pensión completa e o prezo é de 390 euros.

Para máis información podedes consultar a páxina web oficial da actividade:

http://www.campusmemorialdiazmiguel.com/

Desde hoxe, ademais poderás realizar a inscrición nas oficinas do Club Básquet Coruña, enchendo o boletín de inscrición e entregando o xustificante de ingreso.

O día no Campus está organizado da seguinte maneira:

8:30 LEVANTARSE E ASEO

09:00 ALMORZO

10:00 ADESTRAMENTO TÉCNICO

11:30 DESCANSO E AVITUALLAMENTO

12:00 ADESTRAMENTO TÁCTICO

13:00 PISCINA

14:00 XANTAR

15:30 DESCANSO / ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

17:00 ADESTRAMENTO TÉCNICO

18:00 COMPETICIÓNS

20:30 ASEO

21:00 CEA

22:00 VELADA NOCTURNA

23:30 DESCANSO