O ?XIX Campus Mileniun? xa está en marcha

Ao longo do día de hoxe familiarizaranse coas normas básicas de funcionamento da actividade así como desenvolverán a primeira sesión técnica, para iso contamos coa colaboración de Mario Cabanas, xogador que a pasada tempada completou unha gran campaña no Leyma Natura Básquet Coruña.

Xa pola tarde, o Batallón 2 vermello, gozará dunha sesión de piscina na Piscina Municipal de Riazor, mentres que o resto de grupos seguirán unha dinámica normal de Campus.