Primer equipo | 05/10/2020 12:25
O partido deste mércores terá 250 afeccionados nas bancadas!

Seguindo as indicacións das autoridades pertinentes, a Xunta de Galicia permite o acceso a un máximo de 250 persoas para o noso partido de Copa Galicia deste mércores, ante o CB Breogán.
A retirada de entradas está dispoñible desde o momento de publicación desta nota de prensa, tanto a través da seguinte ligazón, como nas nosas oficinas.
Ligazón: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/
A preferencia na obtención de entradas, será a seguinte.
En primeiro lugar, os abonados amigos poderán sacar a súa entrada por 5? ata mañá martes ás 18:00 horas.
Despois dese momento, estarán dispoñibles para o público xeral por 15?.
Dado que a Campaña de Abono Amigo está aberta ata o venres día 9, pódese facer este abono e despois retirar a entrada beneficiándose do desconto.
Unha vez realizado o acceso co login persoal, terán a posibilidade de retirar a entrada.
Os pasos a seguir son os seguintes:
1- Entrar na ligazón.
2- Picar en login e acceder.
3- Unha vez dentro, figurará un recuadro correspondente ao partido, debaixo da campaña Abono Amigo.
4- Pulsar dentro dese recuadro.
5- Proceder á compra.
6- Só poderá comprarse unha entrada por cada abono amigo, a cal será persoal e intransferible.
Nota: Debido ao Covid-19 e debido á necesidade do distanciamento social esixido no pavillón, as entradas son sen numerar. O asento e zona escollida, non corresponderá co asento asignado. Iranse asignando os asentos en función da orde de chegada. O acceso ao partido terá que realizarse con máscara, e non poderá consumirse nin comida nin bebida, durante o transcurso do mesmo.
Primer equipo | 03/10/2020 12:25