O Palacio dos Deportes vivirá mañá un novo derby contra o COB.

Mañá o Leyma Básquet Coruña volverá xogar como local no Palacio dos Deportes, neste caso, o rival é un histórico do baloncesto galego, o Club Ourense Baloncesto.

O COB, marcha nestes momentos terceiro na clasificación da Adecco Leb Ouro, e chegan á Coruña cheos de confianza tras vencer nas dúas últimas xornadas ao Ford Burgos no Plantío e ás Penas Huesca en casa. Ademais, os 3 partidos que perdeu esta tempada, fíxoo por diferenzas mínimas, por 2 puntos fronte a Palencia e Valladolid e por un punto fronte a Lleida. Pola súa banda o Leyma tentará volver á senda da vitoria tras o último partido fronte ao Clínicas Recuncho no que caemos derrotados.

O equipo ourensán conta cun persoal de moito nivel, con varios xogadores contrastados e con experiencia na Adecco Leb Ouro.

 Perico Diaz terá a todos os xogadores dispoñibles para este partido.

No apartado estatístico, o COB son o terceiro equipo máis anotador ata o momento, só superados por Palma Air Europa e Palencia con 76,4 puntos de media por partido, o segundo mellor equipo en % de Tiros de 3 puntos e  en Tiros de 2.

Os números individuais do persoal do COB:

14 Pedro Rivero: (26´mpp) 9,3 ppp, 2,3 reb e 3,1 asist.

7 Cristian Diaz: (15´ mpp) 3,9 ppp e 1,7 reb

18 Marcos Suka: (22´ mpp) 10,1 ppp e 2,6 reb

9 Salva Arco: (25´ mpp) 13,1 ppp e 1,1 reb

15 Edu Martínez:  (16´ mpp) 8,9 ppp e  1,1 reb

1 Tyler Brown:  (16´mpp) 4,6 ppp e 1,7 reb

10 Ben Allison: (14´ mpp) 4ppp e 3,4 reb

16 Guillermo Rejón (26´mpp) 8,1 ppp e 6,6 reb

20 Chase Fieler: (20´ mpp) 6,3 ppp e 3,9 reb

33 Deividas Busma (19´mpp) 7,9 ppp e 3,4 reb. 

Para ver a rolda de prensa prepartido de Perico Diaz facer aquí.