O novo equipo preinfantil masculino logrou a súa primeira vitoria

O equipo de preinfantil masculino, que comezou a súa andaina este verán, empeza a notar os froitos destes primeiros meses de preparación e rodaxe. Da man do seu adestrador Héctor Méndez, os infantís laranxas de primeiro ano disputaron xa os encontros do catro primeiras xornadas da nova liga autonómica posta en marcha pola Federación Galega de Baloncesto para os xogadores desta idade.

A primeira vitoria chegou este fin de semana, cando venceron ao equipo de Narón nun igualado partido que finalizou con prórroga. Unha alegría que compensa as derrotas do tres xornadas anteriores, nas que os laranxas caeron derrotados polos conxuntos de Ferrol, Ribadeo e Lugo.

Queda moito traballo por facer pero isto acaba de empezar? este fin de semana toca un parón para descansar e volta ao ataque. Porque o rival seguinte, Culleredo, non é menor. O caso é seguir mellorando aos poucos en todos os aspectos do xogo, con paciencia e con esforzo. Imos laranxas!