O Leyma é recibido en María Pita por Carlos Negreira

A totalidade do persoal do primeiro equipo, xunto co corpo técnico e unha representación da Xunta Directiva, foron recibidos no salón de plenos de María Pita polo Alcalde D. Carlos Negreira, quen tivo unhas palabras de apoio para os xogadores de face á tempada 2014/15.

Á súa vez, o equipo fixo entrega ao Alcalde dunha camiseta do Leyma Básquet Coruña co seu nome.