Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 29/12/2014 13:34

O Leyma non puido co líder (64-46)

El Leyma no pudo con el líder (64-46)

O Leyma comezou ben o partido, con dous triplos de Burjanadze e dominando o rebote o que lle daba ao equipo as primeiras vantaxes no marcador ata alcanzar unha renda de 8 puntos (2-10). A partir de aí, o Palencia, mostrouse moito máis acertado, o Leyma obtiña cómodas situacións de tiro, pero non lograba anotar con facilidade, así as distancias no marcadorse ían aos poucos reducindo ata chegar co partido empatado a 16 a final do primeiro cuarto.

No segundo período, continuou o desacerto do Leyma, que, a pesar de atopar algunhas situacións de tiro cómodas, non lograba anotar, aínda así, o equipo mantivo a intensidade defensiva, o que lle permitía manterse no partido e chegar ao descanso cunha desvantaxe de nove puntos ao descanso, que a tenor do desacerto, non era unha distancia insalvable.

O paso polos vestiarios non mellorou as cousas para os nosos, e os locais, empuxados por un pavillón a rebordar, ampliaban a vantaxe paulatinamente no marcador ata os 20 puntos que deixaba o partido sentenciado.

Pero o Leyma non se rendeu, e tentou todo ata o final para meterse novamente no partido, un triplo de Mutakabbir (3 de 19 en triplos en todo o partido fixo o equipo) abría o último período que, xunto a unha canastra de Anxo Hernández devolvíanos unha pequena esperanza para tentar a proeza, pero varios erros en situacións de tiro cómodas nos seguintes ataques, tiraron por terra todas as esperanzas, e os Queixos Cerrato obtivo unha cómoda vitoria coa que certificou o primeiro posto ao termo da primeira volta, e lle a bitola de organizador do evento.

A próxima semana, o Leyma xogará novamente como visitante, farao en Lleida o domingo no partido que suporá o comezo da segunda volta do campionato.

Para este partido, foi baixa a última hora, Petrovic por unhas molestias musculares no sóleo dereito pendentes de avaliación.

QUEIXOS CERRATO PALENCIA 64 (16+16+19+13):  Xavi Forcada (8), Rafa Hortas (7,1t), Quinn McDowell (7), Urko Otegui (17), Óliver Arteaga (4) - cinco inicial - Seydou Aboubacar (0), Guillermo Xusto (3), Dani Rodríguez (6), Roger Fornas (10,2t), Tomas Hampl (2), Jon Cortaberría (-).

LEYMA BÁSQUET CORUÑA 46(16+7+8+15): Daniel Vujasinovic (6), Jesús Castro (7), Albert Homs (2), Beka Burjanadze (8,2t), Kyle Rowley (6) - cinco inicial - Anxo Hernández (2), Larry Abia (6), Khalid Mutakabbir (5,1t), Aleksandar Petrovic (-), Laszlo Dobos (4).

 








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city