Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 09/03/2015 07:54

O Leyma non pode coa Palma Air Europa (68-77)

El Leyma no puede con el Palma Air Europa (68-77)

O partido comezou cun intercambio de golpes por parte de ambos os equipos durante os primeiros 5 minutos do encontro, uns minutos no que cada canastra dun equipo era respondida polo outro. Mediado o primeiro cuarto, un desfalecemento dos nosos no control do rebote defensivo, daba segundas opcións no ataque aos mallorquinos que non desaproveitaban e comezaron a abrir unha distancia no marcador que obrigaba a Perico Diaz a pedir o primeiro tempo morto con 11-18 no marcador. A partir deste tempo morto, os nosos reaccionaron e lograron apertar un pouco o electrónico ao termo do primeiro período (15-18).

O comezo do segundo cuarto, foi sen dúbida, do mellor do Leyma, comezou unha fase do partido no predominou o dominio dos nosos en case todos os apartados estatísticos conseguindo un parcial de (11-0) que puña ao Leyma con 8 puntos de vantaxe. A partir de aquí, os visitantes luciron unha inspiración ofensiva que apertou novamente o marcador ata chegar ao descanso cunha vantaxe dun único punto para os nosos (38-37).

O paso polos vestiarios non sentou ben aos nosos. A Palma Air Europa saltou máis enchufado e exhibiron un gran poderío ofensivo cun alto ritmo anotador, algo ao que os nosos non souberon sobreporse e ademais de perder a iniciativa no marcador, fomos perdendo aos poucos distancias ata chegar a ter unha desvantaxe que alcanzou os 15 puntos de diferenza ao pouco de comezar o último cuarto. Con todo, o Leyma non cedeu e continuou intentandolo ata o final, pero non foi posible e acabaron cedendo por 9 puntos (68 ? 77).

Perico non puido contar para este partido con Vujasinovic, a base sufriu unha escordadura nun dos últimos adestramentos da semana e, aínda que era dura, non puido disputar ningún minuto.

A próxima semana, os nosos terá un partido importantísimo fronte ao Prat Joventut en terras catalás o domingo ás 18:00. Un partido que definirá os obxectivos dos nosos ata final de tempada.

LEYMA BÁSQUET CORUÑA (15+23+14+16) 68: Rowley (2), Burjanadze (12), Anxo Hernández (5), Larry Abia (6), Mutakabbir (10) -quinteto inicial- Petrovic (10), Dobos (4), Homs (2) e Jesús Castro (17).

PALMA AIR EUROPA (18+19+22+18) 77: Dei Bartolomeo (25), Vicens Morey (13), Matemalas (3), Glover (18), Bertone (4) -quinteto inicial- Llorente (11), Cabanas (0), Pantín (2), Méndez (1) e Casas (0).

 Estadísiticas do partido 

Galería de imaxes do partido 







non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city