Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 17/01/2015 13:11

O Leyma non pode co Ford Burgos (81-61)

El Leyma no puede con el Ford Burgos (81-61)

O partido comezou ben para os nosos, que eran capaces de manter o pulso ao partido e controlar o caudal anotador dos locais. As alternativas no marcador sucedíanse a favor dun e outro equipo con pequenas vantaxes, con todo o cuarto finalizou cos nosos por diante por 3 puntos, 19-22.

Tras o primeiro período, as cousas cambiaron para os nosos, que sufriron un colapso en ataque e, atopar situacións cómodas de tiro, convertíase en tarefa complicada. Pola súa banda, os locais con varias accións de 3 puntos lograban porse por diante e grazas ao dominio do rebote ofensivo neste tramo final do período, lograban as primeiras vantaxes importantes do partido. Con 9 puntos de vantaxe a favor do Burgos chegábase ao termo da primeira metade. 40-31.

Tras o paso polos vestiarios, a cousa non cambiou con respecto ao guión marcado nos últimos minutos do segundo cuarto e os locais exhibiron un gran acerto no tiro exterior o que lles outorgaba unha vantaxe de 20 puntos (53-33) a mediados de período que se convertería insalvable para o Leyma. Con 64-44 no marcador terminaba este período.

No último período, os nosos non baixaron os brazos e tentaron meterse novamente no partido, pero o acerto nos momentos craves de Burgos resultou imposible a xesta e fixo que a vitoria quedase en Burgos.

O próximo partido para os nosos será o vindeiro venres ás 21 horas no Palacio dos Deportes fronte ás Penas Huesca.

CLUB BALONCESTO TIZONA 81 (19+20+25+17): Albert Sàbat (10), Lluis Costa (8), Miquel Feliu (8), Jorge García (7), Juan Ignacio Jasen (4), Jeff Xavier (12), Taylor Coppenrath (18), Sergio Olmos (5), Michel Diouf (4), Mikel Ibarguren (0).

LEYMA BASQUET CORUÑA 61(22+9+13+17): Kyle Rowley (7), Beka Burjanadze (5), Víctor Hernando (9), Daniel Vujasinovic (4), Khalid Mutakabbir (14), Aleksandar Petrovic (8), Laszlo Dobos (2), Albert Homs (2), Jesús Castro (6). 

 







non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city