Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 24/01/2015 16:16

O Leyma leva a vitoria fronte ás Penas Huesca

El Leyma se lleva la victoria frente al Peñas Huesca

O partido non comezou ben para os nosos que non eran capaces de entrar no partido e mostrábanse moi incómodos fronte á intensa defensa de Huesca, mentres que os oscenses estaban moi acertados no tiro exterior e lograban unha vantaxe de 10 puntos aos 4 minutos de comezar o partido, o que obrigaba a Perico Diaz a solicitar o primeiro tempo morto. Tras este tempo morto o equipo foise repondo lentamente e comezou a limar as distancias no marcador ata chegar ao final do primeiro parcial cunha desvantaxe de unicamente 2 puntos. (23-25)

No segundo período, os visitantes seguiron mantendo unha gran fluidez e acerto en ataque, o que facía que ante calquera erro dos nosos, obtivesen unha vantaxe que chegou neste período a alcanzar os 8 puntos novamente, pero na segunda metade do período, o Leyma logrou frear a anotación do Huesca, ata aos poucos achegarse no marcador e porse por diante a falta de 1´para o descanso. Cun dous máis un de Vicedo chegábase ao descanso con 42 a 44 no marcador.

Tras o paso polos vestiarios, o Leyma seguiu coa mesma intensidade defensiva e ofensiva coa que terminou a primeira parte, o que unido ao dominio no rebote, permitiulle dar a volta ao marcador e ter as primeiras vantaxes no marcador. Con 64 a 58 chegábase ao termo deste período.

No último cuarto o Leyma mostrouse serio  e foi aos poucos aumentando a vantaxe no marcador, que chegou a ser de 12 puntos, pero as Penas Huesca non se deu por vencido e pelexou ata o final deixando o marcador en 77 a 74 para os nosos ao termo do partido.

Con esta vitoria os nosos sitúanse con 8 partidos gañados na 10ª posición.

O xoves, o Leyma disputará un partido en Carballo fronte ao COB aproveitando que a próxima semana non haberá xornada da Adecco Ouro por disputarse a final de Cópaa Príncipe.

LEYMA BÁSQUET CORUÑA 77 (23+19+22+13): Jesús Castro (4), Larry Abia (13), Anxo Hernández (3), Petrovic (3), Rowley (9) -cinco inicial-, Beka Burjanadze (6), Vujasinovic (3), Mutakabbir (22), Laszlo Dobos (6) e Homs (4)

PENAS HUESCA 74 (25+19+14+16): Van Dostrum (10), Vicedo (12), Troutman (17), Salash (5), Koch (15) -cinco inicial-, Orukpe (2), Lafuente (-), Jorge Sanz (2), Zhigulin (6). 

Entra nas estadísicas do partido facendo click aquí

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi