Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 24/01/2018 11:30

O Leyma Coruña queda ás portas de romper a maldición no Pumarín (80-71)

El Leyma Coruña se queda a las puertas de romper la maldición en el Pumarín (80-71)

O Leyma Coruña non foi capaz de romper a maldición no Pumarín e perdeu de forma axustada ante a Unión Financeira Baloncesto Ovideo (80-71).

A escuadra coruñesa entrou mellor no partido cun parcial de 0-10 liderado por Sergio Olmos. Aos poucos os locais comezaron a meterse na contenda e grazas a Arteaga na pintura e ás persoais neste primeiro período maquillaron o primeiro acto (15-24).

Saíron mellor os de Carles Marco, que cun parcial de 8-4 achegábanse no luminoso (24-28) na última xogada do segundo cuarto unha persoal sobre Maynard, dos máis destacados do choque, facía que os ovetenses se fosen un arriba ao descanso (32-31). Un período malo para os herculinos, que quedaban en 7 puntos.

Tras o receso, os asturianos continuaban sumando máis en ataque, beneficiados en certos momentos pola sinalización de varias persoais e bos minutos de xogadores como Alonso. Seguía aguantando o Leyma Coruña, que chegaba moi vivo ao último acto (53-47).

No último cuarto xogadores como Monaghan e Sanz trataban de dar ás ao equipo pero un moi inspirado Maynard e a renda local eran suficientes para levar o choque (80-71).

O próximo encontro será este domingo 28 ás 17:30 horas antes o Cob Ourense .








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city