Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 09/12/2016 11:09

O Leyma Coruña convoca o seu tradicional Campus de Nadal

El Leyma Coruña convoca su tradicional Campus de Navidad

Achéganse as festas do Nadal e o Club Leyma Básquet Coruña presenta o seu tradicional Campus de Nadal, unha completa alternativa de deporte e lecer vinculada á práctica do baloncesto, ideada para gozar durante as vacacións escolares e que promove o Concello da Coruña.

Baixo a lema ?Pequenos Reis do Basquet? este Campus está desenvolvido por persoal especializado no deporte da canastra e en lecer educativo, e diríxese a idades de entre 4 e 15 anos.

As sesións, que se celebrarán do 26 ao 30 de decembro, perseguen mellorar os fundamentos técnicos e tácticos do baloncesto, sen esquecer o compoñente recreativo. A xornada comeza ás 9:30 horas e finaliza ás 14:00 horas, e cabe a opción de adiantar a entrada mediante o servizo de ?Madrugadores? desde as 8:30 horas.

Todas as actividades terán lugar nas instalacións do Polideportivo Agra 2 e o Polideportivo de Riazor - Pista Nº2.

O prezo do Campus é de 75 euros, que no caso de xogadores e xogadoras do Club e as súas Escolas redúcese a 60 euros, do mesmo xeito que os fillos/as de abonados/as ou socios/as. O prezo do servizo de Madrugadores desde as 8:30 horas é de 25 euros e inclúe o almorzo. En caso de ter un irmán/a xa inscrito aplícase un desconto do 10% sobre o prezo que corresponda.

A inscrición, cuxo prazo finaliza o día 22, pode realizarse presencialmente nas oficinas do Club ou ben a través da web basquetcoruna.com, remitindo o formulario das apartado actividades/campus e o xustificante de ingreso.

Inscricións








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city