Actividades | 03/11/2017 17:30
O Leyma Coruña, con Aspronaga, en

Aspronaga é a ?causa? á que o Leyma Coruña, no enfrontamento correspondente á xornada 7 de liga fronte ao Actel Força Lleida ás 20:00 do sábado, dedicará o partido.
Dentro do proxecto 17 partidos, 17 causas, o club únese a Aspronaga; Asociación Prol Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, cuxo fin é contribuír a mellorar a calidade de vida de cada persoa con discapacidade intelectual mediante a prestación de apoios e a reivindicación dos seus dereitos mellorando así o seu benestar emocional, físico e material, o seu desenvolvemento persoal os seus dereitos e a inclusión social.
Desde a asociación cóntannos que a idea de colaborar neste tipo de eventos deportivos é sobre todo a de dar visibilidade e facer chegar a mensaxe de que nos aspectos relacionados co deporte é necesaria a inclusión con normalidade. Calquera persoa con discapacidade intelectual á que lle apeteza facer deporte está no seu pleno dereito de realizalo. Existen as ganas de gozar do deporte e a competición con amigos ou rivais. Na propia Asociación participan en campionatos e competicións de nivel local, autonómico e nacional.
Contan cunha web moi completa na que poder facer todo tipo de consultas e asomarse a todas e cada unha das actividades que realizan durante o ano.
www.aspronaga.net
Desde o Leyma Coruña agradecemos como parte da sociedade o labor de ASPRONAGA coas persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.