Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Fisiogal Centro de Fisioterapia - Basquet Coruña Leyma S · 29/11/2020 19:00 La Salle || Senior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña S · 28/11/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Maristas Coruña · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalia · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - KFC Culleredo · 29/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Montrove · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U12 · 29/11/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC Culleredo · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 04/04/2019 16:54

O Leyma Coruña afronta como unha final o encontro ante o Liverbank Oviedo

El Leyma Coruña afronta como una final el encuentro ante el Liverbank Oviedo

O Leyma Coruña visita este venres ás 20.30 horas o Pumarín para medirse ao Liverbank Oviedo nunha esixente cita para os xogadores adestrados por Gustavo Aranzana.

"Temos unha saída moi complicada e de máxima dificultade contra Liverbank Oviedo, un rival que ofrece moita calidade no xogo e que vén dun refacho moi bo. Consolidouse como un dos mellores equipos defensivos (é terceiro cun balance de 19-10). No Pumarín, sobre todo, xoga con moita agresividade e dureza e con bo facer. Teñen moitos parámetros positivos no xogo e ocupa o lugar privilexiado na táboa", comentou o técnico valisoletano-

Apelou a que o Leyma Coruña traballe como un equipo para levar a vitoria. "Independentemente de homes importantes en Oviedo e da súa calidade o que debemos de priorizar é o noso sentido colectivo do xogo. Temos que afrontar o partido como unha final, competir o máximo e tentar liquidar a cantidade de dificultades que nos vai a pór enfronte, tentar xogar ao cento por cento de intensidade e efectividade. Defensivamente teremos que igualar o nivel de Oviedo o seu traballo no rebote e o ritmo de xogo", apelou ante un encontro no que, de lograr a vitoria, daría ao equipo "unha satisfacción para seguir crecendo".

"O equipo está ben, vimos de gañar ao Barça Lassa, tiñamos ganas de conseguir o triunfo e temos cinco partidos de aquí a final de tempada e contra Oviedo gustaríanos seguir afianzándonos e competindo para poder aspirar a postos mellores na clasificación", comentou.

De novo, tivo que lamentar problemas na enfermaría. "Todos están ben salvo Pablo Ferreiro e Quinton, cos seus problemas adestrou un día en toda a semana e terei que decidir. Se Ferreiro segue con dificultades e problemas serios no talón de Aquiles descartareino e se Quinton pode entrar na convocatoria", indicou.

"Sabemos o que temos que facer, non saírnos do guión e tratar de ofrecer o máximo, que é a única maneira de poder sorprender a Oviedo. Sería unha vitoria de valor gañar en Pumarín, porque sempre dá un plus para afrontar o seguinte partido ante o Tau Castello", resolveu.









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citymarineda city