Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 12/04/2015 18:03

O Leyma cae en Melilla e di adeus aos play off

El Leyma cae en Melilla y dice adiós a los play off

O Leyma fixo un partido moi serio durante os 40 minutos, sóubose sobrepor aos problemas que se expuxeron durante o choque, remontou 15 puntos para porse a dous de distancia e con varios ataques para empatar a 2 minutos de descanso. Volveu perder o ronsel no marcador no terceiro cuarto ata ceder unha distancia de 14 puntos e novamente o equipo sacou raza para porse a 2 puntos novamente a falta de 2 minutos para terminar o partido, pero non puido ser. Os melillenses mostraron un acerto espectacular desde a liña de 6,75 cun 60% de efectividade que lles permitiu levar o partido e co, un posto nas eliminatorias polo ascenso.

Con esta derrota o Leyma perde todas as opcións de alcanzar un posto no Play Off de ascenso e terá que tentar gañar o vindeiro venres no Palacio dos Deportes ao Palencia para, se perde o Oviedo, alcanzar a 10 posición na clasificación.

Antes dese partido, o Leyma disputará un partido amigable fronte ao Rio Natura Monbus Obradoiro, será no vindeiro martes ás 20 horas no Palacio dos Deportes. O prezo das entradas será de 5 euros para o público en xeral, 2 euros para os abonados maiores de 18 anos e menores de 18 anos e gratis para os abonados menores de 18 anos e socios do Club.

Escucha a rolda de prensa posterior de Perico Diaz facendo click aquí 

Galería de imaxes 

CLUB MELILLA BALONCESTO (21+19+18+25)83: Garrido (12), Bravo (27), Almazán (0), Tsiaras (15) e Wright (10). Tamén xogaron: Larraona (3), Gatell (3), Laso (0), Tomàs (10) e Butterfield (3).

LEYMA BASQUET CORUÑA (12+26+8+24) 70: Castro (10), Hernández (3), Petrovic (7), Burjanadze (19) e Rowle (4). Tamén xogaron: Vujasinovic (2), Abia (2), Mutakabbir (9), Dobos (8) e Homs (6).

 








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city