Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 30/04/2016 09:27

O Leyma Básquet Coruña vence en Lugo armado de carácter e intelixencia

El Leyma Básquet Coruña vence en Lugo armado de carácter e inteligencia

Ajustadísima e ilusionante vitoria do Leyma Básquet Coruña onte á noite no Pazo de Lugo, con tan só un punto de diferenza (75-76) sobre o Café Candelas Breogán, o que sitúa aos laranxas a tan só unha vitoria de distancia das semifinais de playoff. Pola súa banda, os celestes necesitarán gañar o domingo na súa cancha para forzar o quinto partido o martes en Riazor, dentro da actual serie de cuartos de playoff para o ascenso á ACB.

Os coruñeses non tropezaron dúas veces na mesma pedra e, a diferenza do segundo #derbiromano xogado o pasado domingo, saíron ao cento por cento desde o minuto cero e en boa parte marcaron o ritmo do encontro. Aínda así, a máxima vantaxe do Leyma Básquet Coruña só foi a de oito puntos alcanzada no primeiro cuarto, a mesma que tivo o rival no seu mellor momento no marcador, a seis minutos do final, nun partido menos anotador que os dous anteriores e unha vez máis moi igualado.

Entre os méritos que Tito Díaz destacou do seu equipo ao acabar o choque foi a súa paciencia e a súa fortaleza mental para non romper cando os locais déronlle a volta ao luminoso nun apertado terceiro cuarto, nin cando estes parecían escaparse definitivamente mediado o último parcial. Pola contra, supliron a súa menor experiencia en disputas de playoff a base de carácter, intelixencia en xogadas clave e confianza no seu estilo de xogo. Como sinalou o técnico ao finalizar o encontro a Radio Galega, esa noite moitos dos seus xogadores "maduraron 10 anos".

O preparador laranxa quixo felicitar unha vez máis ao público de Lugo, asegurando que "se houbese moitos públicos así a liga LEB estaría a outro nivel", e fixo outro tanto cos afeccionados coruñeses que se desprazaron a apoiar ao Leyma Básquet Coruña á difícil pista do Pazo. "É a primeira vez que movemos a máis de cen persoas para un partido e apoiáronnos moitísimo", subliñou.

Un recoñecemento de Tito Díaz que os xogadores apoiaron igualmente, achegándose a saudar aos seus á saída do pavillón antes de subir ao autobús de regreso a casa. Unha vez máis, este equipo demostrou que sabe gañar na cancha e nos corazóns.

Documentos adjuntos

tito-diaz.mp3







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi