Actividades | 18/02/2015 16:19
O Leyma Básquet Coruña interésase polo labor de AFACO

O partido que disputan este venres está dedicado á Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias da Coruña
O persoal do primeiro equipo do Leyma Básquet Coruña (LBC) visitou esta mañá o centro terapéutico que AFACO ten na Avenida Salvador de Madariaga, na Coruña. No transcurso da súa visita, que se prolongou durante case dúas horas, o persoal interesouse polo labor que realiza a Asociación e tivo ocasión de charlar cun grupo de usuarios, cos que se fotografaron.
A visita do club, que se enmarca no programa que o Básquet Coruña ten en marcha «14 partidos... 14 causas solidarias», chega en vésperas de disputar un partido decisivo contra o Clínicas Recuncho de Málaga (Pavillón de Riazor, venres 20, ás 21.00) e que dedicaremos a AFACO.
AFACO leva 20 anos traballando polas persoas con Alzheimer e polas súas familias.
Para acceder á galería de imaxes da visita, facer click aquí.
Actividades | 16/02/2015 16:19