Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - GRANADA · 17/10/2021 19:00 PALACIO DE DEPORTES GRANADA || Senior Fem. 1ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - BAXI FERROL · 17/10/2021 12:00 RIAZOR 2 || Senior Masc. 2ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña S · 16/10/2021 16:00 INSTITUTO ROSALIA || Junior Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña J - SD TUI · 16/10/2021 20:00 RIAZOR 2 || Junior Fem. 1ªDiv: ARXIL - Básquet Coruña Leyma J · 17/10/2021 18:00 UNIVERSITARIO PONTEVEDRA || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - MARISTAS CORUÑA · 17/10/2021 17:00 RIAZOR 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña Leyma C · 16/10/2021 10:30 INSTITUTO ROSALIA || Cadete Masc. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña C · 16/10/2021 12:30 INSTITUTO ROSALIA

Actividades | 14/04/2016 11:08

O Leyma Básquet Coruña dedica o seu partido deste venres en Riazor á Síndrome de Down

El Leyma Básquet Coruña dedica su partido de este  viernes en Riazor al Síndrome de Down

Coa vista posta na inminente fase de playoff de ascenso á ACB, o Leyma Básquet Coruña apura as súas horas de adestramento de face ao choque da última xornada da liga regular, que terá lugar pasadomañá venres ás 21:00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor fronte ao Actel Força Lleida. Os de Perico Díaz dedicarán este encontro a apoiar ás persoas con síndrome de Down e as súas familias, visibilizando o traballo que neste ámbito desenvolve a Asociación Down Coruña desde a súa creación no ano 2000.

Dita entidade será por tanto a protagonista, especialmente durante o descanso do partido, do programa ?15 partidos, 15 causas" que ao longo de toda a tempada patrocina a Obra Social ?a Caixa? co fin de solicitar apoio e dar visibilidade ao traballo que innumerables entidades desenvolven na Coruña e a súa contorna en prol de colectivos especialmente vulnerables por diversas causas.

A Asociación Down Coruña, que recentemente inaugurou as súas novas instalacións en Pedralonga, centra o seu traballo en desenvolver os potenciais e capacidades das persoas con esta síndrome, promovendo que sexan elas mesmas quen elixan o lugar que queren ocupar no medio social, familiar e laboral, en función das súas capacidades e motivacións e sempre co apoio das súas familias e dos profesionais que traballan para a entidade.

Así mesmo, realiza un importante labor de divulgación e sensibilización, co fin de dar a coñecer esta realidade e favorecer a plena integración das persoas con síndrome de Down en todos os sentidos, tanto familiar como social, escolar e laboral.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda cityprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor