Primer equipo | 07/05/2016 09:09
O desgaste dos laranxas pasa factura e caen no primeiro choque fronte ao Melilla
O Leyma Básquet Coruña caeu esta noite ante o todopoderoso Melilla Baloncesto, que levou o primeiro punto da rolda de semifinais cun contundente 101-83.
O partido comezou cun ritmo anotador intenso e igualado, nun primeiro cuarto no que ambos os equipos se falaban de ti a ti, pero a medida que avanzaba a contenda, o desgaste físico e a acumulación de faltas foron facendo madeixa, especialmente no últimos cinco minutos do partido, no que o Melilla Baloncesto con todo seguía sementado de acerto e coas ideas claras, chegando a asinar un parcial de 17-7 que, en palabras de Tito Díaz, "acabou de afundirnos".
Na rolda de prensa posterior, o adestrador laranxa felicitou a merecida vitoria dos melillenses pero tamén aos seus xogadores. "Levamos tres semanas adestrando sete ou oito xogadores, hoxe viñemos con oito e pagámolo", asegurou, en relación ás diminucións físicas nas filas do equipo, froito da dura rolda de cuartos fronte ao Café Candeas Breogán.
Quixo destacar que a pesar diso -e da lesión de Ben Stelzer durante o encontro- os seus homes "foron capaces de volver ao partido dúas veces", primeiro nos minutos previos ao descanso e logo no terceiro cuarto, onde volveron recortar distancias perigosamente para os locais. Pero o cansazo e o desgaste pasou a temida factura, especialmente no últimos cinco minutos, con fallos de canastras baixo o aro "case inexplicables" mentres o Melilla seguía crecéndose na pista e no marcador.
Aínda así, os de Tito Diaz non tiraron a toalla nin o farán na seguinte cita, este domingo ás 19:00 horas. "Estou super satisfeito do traballo dos meus xogadores", subliñou o técnico, engadindo rotundo que "o Melilla sentiu seguro nos dous últimos minutos" e que "para nós, competir nas condicións nas que estamos é moi importante".
Se de algo saben os coruñeses é de sufrir e remontar, e de crer e loitar con todas as súas forzas. As espadas seguen no alto.
Primer equipo | 05/05/2016 09:09
Tito Díaz: "Estamos obrigados a seguir gozando e competindo"
Primer equipo | 08/05/2016 09:09