Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 16/11/2016 11:15

O derbi entre o Leyma Coruña e o Cafés Candeas Breogán trasládase ao festivo 6 de decembro

El derbi entre el Leyma Coruña y el Cafés Candelas Breogán se traslada al festivo 6 de diciembre

O derbi galego entre dous dos equipos máis en forma da liga merece ser celebrado nunha data que permita a afluencia das súas respectivas afeccións. Con este obxectivo, a Federación Española de Baloncesto autorizou o cambio de data e hora do encontro da xornada 12 da liga LEB Ouro entre o Leyma Coruña e o Café Candeas Breogán, inicialmente previsto para a noite do martes 29 de novembro en Riazor e que agora se traslada ao festivo 6 de decembro, Día da Constitución, no mesmo escenario, ás 12:30 horas.

Pero moito antes deste partido o Leyma Coruña ten outras citas non menos esixentes, comezando pola deste mesmo venres en casa, na que se mide ao Quesos Cerrato Palencia, ás 21:00 horas. Os palentinos veñen de gañar ao Club Melilla Baloncesto grazas en boa medida á súa base Dani Rodríguez que, con 33 puntos de valoración, forma parte do quinteto ideal da última xornada ligueira.

Entradas en liña para o derbi

Co fin de facilitar a asistencia ao derbi do día 6, tanto para os afeccionados do equipo celeste como para a marea laranxa, o Club herculino habilitará nos días previos a venda en liña de entradas a través da súa web. Os prezos serán os habituais de liga regular, é dicir, 10 euros para adulto e 5 euros a entrada infantil -menores de 18 anos-.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi