Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Equipos base | 26/11/2015 10:35

O Club rende homenaxe aos seus xogadores de longa traxectoria en todas as categorías basee

El Club rinde homenaje a sus jugadores de larga trayectoria en todas las categorías base

O Club Básquet Coruña é o que é, ante todo, grazas aos seus xogadores e xogadoras de todas as categorías, pasados, presentes e futuros. Sen eles non hai baloncesto, nin club. Desde o seu nacemento en 1996 son moitos os centenares de deportistas de todas as idades os que, enfundados na camiseta do Básquet Coruña, sementan e sementaron de xogo limpo, entusiasmo e afán de superación as pistas polideportivas da nosa cidade e de tantas outras localidades visitadas, dentro e fóra de Galicia.

A todos eles queremos renderlles homenaxe, a través do recoñecemento especial a quen defenderon as cores e os ideais do Club durante unha parte importante das súas traxectorias deportivas.

Nesta liña, a partido LEB Ouro deste sábado no Palacio dos Deportes de Riazor acollerá un acto de apoio e agradecemento que terá como protagonista a Darío Suárez, un xogador coruñés que dos 8 aos 26 anos militou en múltiples escolas e categorías do Club, incluída a LEB Prata, ata o seu desembarco no Marín Peixegalego para continuar competindo no posto de base na categoría bronce nacional. Darío é un exemplo de que, con paixón, xenerosidade e sacrificio, é posible compatibilizar deporte e estudos académicos -exerce como enxeñeiro de obras públicas-, así como facer equipo e ser faro na pista, o que lle fixo merecedor do aprecio de compañeiros, adestradores e afección.

Ademais, Darío exercerá de padriño na segunda parte do acto, destinada a recoñecer aos xogadores e xogadoras que se han "graduado" no Básquet Coruña, comezando en minibasket e permanecendo no Club ata chegar á idade senior. Este sábado a homenaxe será para quen, tras iniciarse desde moi pequenos no Básquet Coruña, chegaron a competir na tempada 2014-2015 como júnior de 2º ano, atopándose actualmente no seu 1º ano sénior. O sábado, no descanso do partido que nos enfronta co Cociñas.com, coñecerémolos, aínda que quizá os recoñezades na foto que ilustra a noticia.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi