Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 18/12/2014 18:32

O Club e a Obra Social ?A Caixa? asinan o seu acordo de colaboración

El Club y la Obra Social “La Caixa” firman su acuerdo de colaboración

Na mañá de hoxe, na sala de prensa do Palacio dos Deportes de Riazor, tivo lugar a rolda de prensa de presentación do convenio entre o Club Básquet Coruña e a Obra Social “A Caixa” para o desenvolvemento do proxecto social do Club Básquet Coruña. Esta rolda de prensa estivo protagonizada por D. Juan Carlos Fernández, Presidente do Básquet Coruña; e D. Juan Ignacio Domínguez, Director de Banca de Particulares de Caixabank.

Esta entidade vén colaborando co Club e todos os seus proxectos sociais estes últimos anos, con este novo acordo, o Club garántese a capacidade de seguir traballando en todos os proxectos sociais nos que está inmerso e reforzar aínda máis as actividades desenvolvidas para axudar a distintos colectivos sociais.

Nesta rolda de prensa de presentación do convenio, o Presidente do Club, quixo remarcar a importancia do presente acordo que permite manter vivo un dos alicerces, que xunto ao primeiro equipo e as categorías basee, é a área de actividades.

O responsable de CaixaBank , mostrou a satisfacción da entidade de pór apoiar xunto co Leyma, unha tempada máis algunhas das iniciativas solidarias que levan a cabo na cidade. “Somos unha entidade cun marcada acento social, o que nos leva a prestar a nosa colaboración ás iniciativas que temos na nosa contorna”, comentou.

 








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city