Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 16/10/2015 17:24

O Club ficha a Sergio Vidal para o equipo LEB Ouro durante a baixa de Jesús Castro

El Club ficha a Sergio Vidal para el equipo LEB Oro durante la baja de Jesús Castro

O Club Leyma Básquet Coruña formalizou esta semana a fichaxe do alero Sergio Vidal, que onte xoves se incorporou aos adestramentos do club e viaxará mañá a Ourense para defender a camiseta laranxa no noso primeiro derbi de tempada, contra o COB.

O contrato de Sergio Vidal estenderase durante as semanas de baixa do noso capitán Jesús Castro, operado recentemente do seu xeonllo esquerdo tras unha lesión de menisco nun adestramento.

Con 1,94 metros de altura e 26 anos de idade, debutará así na categoría LEB Ouro, tras competir en LEB Prata nas dúas últimas tempadas, primeiro no CEBA Guadalaxara (2013-2014) e despois no Lucentum Alacante (2014-2015).

Como demostrou nos seus anteriores equipos, Sergio Vidal é un especialista no tiro exterior, o que lle permitiu ser o máximo anotador do Grupo B da liga EBA na tempada 2012-2013. Antes do seu salto á LEB Prata, xogou tres tempadas en EBA, comezando nas filas do Albacete Baloncesto Cinco, o IFACH Calpe e finalmente no equipo da Universidade Politécnica Valencia.

Rápido nos contraataques e bo definidor, Perico Díaz aproveitará as cualidades do xogador valenciano en beneficio do xogo ofensivo do Leyma Básquet Coruña.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city