Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Actividades | 18/02/2016 14:02

O Club Básquet Coruña apadriña a presentación do libro ?Historia do Baloncesto en España?

El Club Básquet Coruña apadrina la presentación del libro “Historia del Baloncesto en España”

O Club Básquet Coruña apadriña este domingo a presentación do libro ?Historia do Baloncesto en España?, coordinado por Carlos Jiménez Poyato, cofundador de Solobasket.com. O acto terá lugar ás 11:00 horas no hall de Cásaa da auga con motivo da celebración da Copa do Rei de baloncesto durante esta semana na nosa cidade.

O libro repasa máis de 100 anos de andaina e conta co testemuño de preto de 300 protagonistas ao longo de case 700 páxinas. No acto de presentación, ademais do coordinador da obra participarán algunhas destas ilustres figuras como Anicet Lavodrama, Jordi Villacampa (actual máximo anotador da historia da Copa) e o árbitro internacional Daniel Hierrezuelo.

Así mesmo, estarán presentes o concelleiro de deportes da Coruña José Manuel Sande, e o presidente do Leyma Básquet Coruña Juan Carlos Ferreiro. O papel de moderador e presentador correrá a cargo de Eddy Vidal.

Todos eles desprazaranse seguidamente ao Palacio dos Deportes de Riazor a gozar do partido que o Leyma Básquet Coruña disputará ás 12:00 horas contra o Amics Castello no duelo correspondente da xornada 22 da LEB Ouro. Gran expectación ante este novo choque, cos laranxas en quinta posición na táboa e empeñados en coarse nos playoff.

Entradas ao partido e descontos no prezo do libro

O público asistente á presentación do libro será obsequiado con dúas entradas de adulto para poder presenciar o partido contra o Amics. No mesmo Pavillón de Riazor haberá un punto de venda e todos os socios e abonados do Leyma Básquet Coruña poderán gozar dun desconto de 3 euros na compra do libro Historia do Baloncesto en España, é dicir, do prezo orixinal que é de 26 euros pasarase a 23 euros.

O libro, producido polo Editorial Círculo Vermello, tamén se pode adquirir na nosa cidade na libraría Lume e en breve nas librarías Maside e Areas. Así mesmo, pódese comprar mediante o envío dun correo a libro@solobasket.com

 







non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city