Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Equipos base | 20/11/2015 10:20

O Club avaliará as condicións físicas de todos os seus xogadores priorizando a dimensión saudable do baloncesto

El Club evaluará las condiciones físicas de todos sus jugadores priorizando la dimensión saludable del baloncesto

Nos próximos días o Club Básquet Coruña porá en marcha os tests de avaliación da condición física de todos os xogadores e xogadoras da base desde o punto de vista da saúde. O estudo desenvólvese ao amparo do Plan Galicia Saudable, que promove a Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar hábitos de vida activa en toda a poboación galega como vía para a súa mellor calidade de vida e saúde, evitando o sedentarismo e as súas patoloxías derivadas.

Co fin de orientar ás familias sobre alimentación e melloras na condición física dos seus fillos e fillas, o Club avaliará as súas capacidades condicionais que teñen relación demostrada e contrastada con aspectos relacionados coa saúde. A través dun informe persoal e privado, os pais coñecen os resultados obtidos polos seus fillos, xunto cunha comparación en relación ao valor considerado como máis adecuado desde o punto de vista da saúde (IMC, % de graxa e perímetro da cintura) ou usando como referencia os resultados de nenos e nenas da súa mesma idade.

O Club desenvolve este como traballo baixo a convicción do potencial do baloncesto como instrumento promotor de saúde a través da mellora de aspectos da condición física como a resistencia cardiovascular, forza, axilidade, equilibrio? que están intimamente relacionados coa prevención de enfermidades como as patoloxías cardiovasculares, a diabetes, a hipertensión arterial, a obesidade, o cancro, as enfermidades mentais e as afeccións de ósos e articulacións.

Por este motivo, reactivou a súa adhesión ao Plan Galicia Saudable como unha das numerosas UPE (unidade de promoción de exercicio) que traballan en favor do benestar físico dos galegos de calquera idade e circunstancia persoal.

Os tests que propón o Plan Galicia Saudable permitirannos, ademais, comparar os resultados obtidos entre os nosos escolares cos do resto da poboación infantil de Galicia.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi