O Básquet Coruña terá un equipo en 1ª división senior feminina

O Básquet Coruña contará esta tempada cun equipo feminino en 1ª División Senior Feminina. Un proxecto ambicioso, co que o club laranxa quere mostrar a súa aposta pola categoría feminina.

Unha novidade deportiva coa que o Básquet Coruña quere sumar máis competitividade ao seu sector feminino e configurar así un equipo que sirva de referencia e exemplo para todas as nosas xogadoras do club. Preténdese un crecemento controlado, e que sexan as xogadoras laranxas que saen da categoría junior as que vaian situando o equipo en divisións superiores nos próximos anos.

A escuadra, que aínda se está configurando, conta con varias integrantes que xa competiron o ano pasado coa entidade, algunhas delas da canteira laranxa, o que pon de relevo a aposta do Básquet Coruña pola categoría feminina.