Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 04/05/2016 02:13

O Basquet Coruña fai historia e métese nas semifinais de ascenso á ACB

El Basquet Coruña hace historia y se mete en las semifinales de ascenso a la ACB

O Leyma Básquet Coruña superou con fartura todas as previsións para o quinto #derbiromano da serie e esta noite logrou clasificarse en Riazor para as semifinais do playoff de ascenso á ACB nun espectacular partido no que venceu ao Café Candelas Breogán por 99-63, alcanzando por tanto unha vantaxe final de 36 puntos no luminoso.

Ao finalizar o encontro, Tito Díaz mostrou a súa enorme satisfacción por un equipo que tivo que traballar desde moi abaixo esta tempada para saír do fondo da táboa e empezar a escalar posicións ata cumprir agora un novo soño e facer historia para o club, ao lograr entrar nas semifinais polo ascenso, algo inédito na entidade herculina.

Para o técnico laranxa, parte do triunfo dos seus hoxe radicou na súa enerxía, especialmente na segunda parte "na que o equipo estivo máis fresco e con máis ritmo que o Breogán", á vez que destacou "a exhibición de querer facer historia porque o noso club nunca estivo nunhas semifinais e os nosos xogadores puxérono todo", a pesar de levar tres partidos xogados en só cinco días.

Tras celebrar que todos achegaron e mostraron o seu bo estado de forma esta noite, non esqueceu dirixirse á afección, subliñando que a principal vitoria desta tempada foi enganchar aos coruñeses e facer crecer a marea laranxa, engadindo que, tras o espectáculo ofrecido hoxe, "quen non se enganche esta noite ao baloncesto non se enganchará nunca".

No próximo encontró fronte ao Melilla -este venres 6 ás 21:00 horas a domicilio- reiterou a súa confianza no seu equipo, sinalando que "os meus deixarano todo na pista e, gañaremos ou non, pero non me cambio polo Melilla". Sabe que toca xogar de novo contra outro grande pero advirte que "o meu equipo cre no que fai e ás veces a fe move montañas".

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-5-partido-breogan.m4a









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city