Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 24/05/2018 13:13

O Básquet Coruña colabora un ano máis coa AECC no VII Carreira contra o Cancro

El Básquet Coruña colabora un año más con la AECC en la VII Carrera contra el Cáncer

O Básquet Coruña, seguindo a tradición do seis anteriores edicións, colabora coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na organización dunha nova proba deportiva de carácter solidario, o VII Carreira contra o Cancro, que terá lugar o domingo 3 de xuño.

Co fin de fomentar a participación da cidadanía, a carreira engloba probas para diversas modalidades, que se desenvolverán entre as 10:30 e 13:00 horas. La Carrera Absoluta percorrerá 6.450 metros desde o Obelisco, Parrote e virando na rotonda de Adormideras para volver ao momento de partida. Mentres que, paralelamente e desde a mesma localización, celebrarase a Marcha Popular Solidaria, aberta a todas as idades e condicións físicas. Comprenderá 4.500 metros, coa opción de reducila ata un máximo de 3.750. Tamén haberá probas para corredores das categorías infantís, de prebenjamín a xuvenil.

Todos os beneficios destinaranse á investigación e aos programas que realiza a Xunta Provincial da Coruña da AECC. O prazo de inscrición finaliza o 30 de maio e pode realizarse presencialmente nas oficinas da AECC na praza Mestre Mateo hoxe de 10 a 16 horas e mañá venres de 10 a 14.00 horas, ou ben na web www.championchipnorte.com

Participa nas probas ou como voluntario!

Ademais de colaborar nas tarefas organizativas, o Club Básquet Coruña apoia este proxecto animando aos equipos base, aos seus amigos e familiares, a participar nas probas ou ben a apuntarse como voluntarios, expondo este evento deportivo como unha festa de final de tempada.

A ela uniuse xa o capitán do noso primeiro equipo, Anxo Hernández, e os xogadores Zach Monaghan, Sergio Olmos e Larry Abia que a través das redes sociais do club expresou o seu apoio e invitación a acompañarlle nesta iniciativa. Moitos destes xogadores así como parte do corpo técnico participaron o ano pasado nesta proba deportiva.

Tsunami Laranxa

Este nutrido grupo de afeccionados do club, que xa se gañaron un sitio nos nosos corazóns, foi premiado como o grupo máis numeroso na pasada edición. Queren repetir galardón, e para iso animan a todos os afeccionados do club que queiran apuntarse á marcha, que o fagan a través deles. Para iso poden facer a súa inscrición nas oficinas do club ou na Jamonería Sieiro. Tamén animan a través das súas redes sociais a participar portando algún distintivo laranxa.

Multitudinaria participación

 As cotas para tomar parte nas probas deportivas son de 2 euros para prebenjamines, 3 para benjamines, alevíns, infantís e cadetes, 7 para júniores, promesas, séniores, e veteranos e, finalmente, 5 euros no caso da Marcha solidaria.

Xunto co dorsal de participación entregarase unha camiseta conmemorativa aos primeiros 2000 inscritos.

Podedes colaborar de diversos modos, ben inscribíndovos na carreira ou na marcha, ben realizando unha achega solidaria ou axudando como voluntarios. Neste último caso só tedes que enviar unha mensaxe ao correo da asociación, lacoruna@aecc.es

 









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city