O ?17 partidos, 17 causas? do venres estivo dedicado á Asociación Arela.

O Club Leyma Básquet Coruña xunto coa Obra Social A Caixa, mostraron de novo o seu apoio a unha causa social. Neste caso, a asociación convidada ao Palacio dos Deportes de Riazor, no partido do venres que enfrontou ao Leyma Coruña fronte ao Sammic Hostalaría con vitoria 79-59, foi ARELA ; Asociación de Persoas con Diversidade Funcional e Familiares.

ARELA, creada sen ánimo de lucro ten entre os seus fins promover a total integración das persoas con discapacidade na contorna familiar e social evitando a discriminación en calquera ámbito, dar información e asesoramento ás familias con membros con discapacidade, ofrecer actividades lúdicas e conseguir financiamento para as diferentes terapias de rehabilitación. Para levar a cabo todos estes obxectivos, durante o 2017 desde a asociación lanzáronse diferentes accións e actividades tales como fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, psicopedagoxía,, equitación adaptada, psicoloxía, terapia animal e un longo etc.? coas que contribuíron á integración das persoas con diversidade funcional das 41 familias asociadas agora mesmo e que conforman un total de 106 socios.

Sita en Cambre, ARELA colabora con diferentes institucións públicas e privadas da contorna para poder dar soporte e paliar as distintas necesidades derivadas da discapacidade e conta cun local cedido polo Concello de Cambre no que han provisto diferentes instalacións necesarias para a realización das actividades que propoñen.

Desde o Club Leyma Básquet Coruña, seguiremos apoiando todas e cada unha das causas sociais que axudan a que a nosa sociedade sexa cada vez mellor e máis solidaria e traballe pola integración de todos os colectivos.

Para máis información acerca da Asociación ARELA:

Urbanización A Barcala 

C/Rio Miño 6, baixo, locais sociais 1e 2 de Cambre

Contacto: 616 600 781 asociacionarela@gmail.com