Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Actividades | 21/06/2017 18:37

Nove adestradores do baloncesto galego dirixirán o Campus de Tecnificación do Club Básquet Coruña

Nueve entrenadores del baloncesto gallego dirigirán el Campus de  Tecnificación del Club Básquet Coruña

O Club Básquet Coruña xa ten listo o cadro de persoal de adestradores de primeiro nivel que dirixirán o Campus de Tecnificación convocado nas dúas semanas centrais de xullo para deportistas de 12 a 17 anos.

Estes son o nove técnicos responsables, dos que destacamos o seu equipo na última tempada:

Liño López, primeiro adestrador do Star Center-Uni Ferrol en Liga Feminina 1 e ex xogador de o Club Básquet Coruña (tempadas 2007 a 2011).

Antonio Pérez, primeiro adestrador dos Calzados Robusta C.B. Clavijo en LEB Ouro e ex adestrador do Club Básquet Coruña nas tempadas de 2005 a 2012.

Rubén Domínguez, primeiro adestrador de Kemegal Cortegada de Vilagarcía de Arousa en Liga Feminina 2 e anteriormente con traxectoria en Liga Feminina 1 (LEB Ouro, LEB Prata e Liga EBA).

Javier Llorente, primeiro adestrador do Marín Peixegalego en LEB Ouro.

Alberto Gómez, primeiro adestrador en Vigo Basket de Liga EBA.

Javier Orosa, adestrador de base, ex coordinador de adestradores na delegación coruñesa da FEGABA.

Óscar Latexe, adestrador axudante de Sito Alonso en Saski-Baskonia S.A.D. en ACB, ex coordinador de base no Club Básquet Coruña 2012-2013.

Manuel Santos, primeiro adestrador do Cambados Cidade Europea do Viño 2017 en LEB Prata.

Chiqui Barros, primeiro adestrador do equipo filial do Club Básquet Coruña recentemente ascendido a Liga EBA, nas anteriores tempadas no Bembibre Liga Feminina.

 

Prazos de inscrición para cada semana do Campus:

O Campus celebrarase en horario de mañás no Polideportivo Elviña 1, comezando o 10 de xullo e finalizando o día 21. A inscrición pode realizarse na web do club basquetcoruna.com ou ben presencialmente nas oficinas de Arquitecto Rei Pedreira 3, en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para participar na primeira semana do campus o prazo finaliza o 7 de xullo, mentres que para a segunda finaliza o día 14. A inscrición por cada semana ten un custo de 110 euros.

Os prezos dos servizos opcionais de comida e transporte son, respectivamente, 30 e 25 euros semanais. Hai prezos especiais para os xogadores do Club Básquet Coruña e as súas escolas vinculadas, así como para as familias que inscriban a máis dun participante.

Os interesados en obter máis información poden contactar co club no teléfono 981 264 022 ou na dirección de correo club@basquetcoruna.com.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi