Nova xornada de formación para adestradores, da man de Román Gómez

Mañá xoves é a quenda dunha nova sesión das Xornadas de Formación para Adestradores ?E ti como adestras?. Esta vez, a actividade estará dirixida por Román Gómez, técnico do Club Maristas Coruña, baixo o título "O 1x1 tras xogo sen balón. Atacar sobre o pase".

Esta sexta sesión terá lugar ás 22:30 na Polideportiva de Riazor Nº 2. Lembrámosvos que a entrada é gratuíta e aberta a todos os adestradores/as da cidade e área metropolitana, e que as canles de inscrición son o correo club@basquetcoruna.com e o teléfono do Club 981 264 022.

Na véspera dun fin de semana intenso para o Club, cos playoff de ascenso a ACB e a Fase Final a 4 clasificatoria para o Campionato de España do equipo júnior, non perdemos de vista a importancia da formación.

Sesións de maio

En maio proseguirán o ciclo coas seguintes sesións:

5 de maio: Fomentar a liberdade para decidir. Fernando Buendía

19 de maio: Metodoloxía da técnica individual en categorías de formación. Jorge Igrexas

9 de xuño: Adestramento do tiro nas diferentes idades de formación. Mª José Cousillas