Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 23/01/2019 15:54

Nova campaña para contaxiar o #SentimientoNaranja

Nueva campaña para contagiar el #SentimientoNaranja

O club Básquet Coruña decidiu repetir de forma extraordinaria o evento de petición por whatsapp de invitacións ante as demandas de socios e abonados. Será de face ao partido do próximo venres 1 de febreiro ás 20:45 ante o CB Prat.

Moitos nos transmitiron que desexan aproveitar a oportunidade desta promoción, polas dificultades en comprender e xestionar o proceso no partido anterior.

Por iso, e con motivo do éxito e ambiente festivo e familiar, ademais do espectacular mosaico realizado ante Araberri, e en aras de seguir promovendo o achegamento do baloncesto de alto nivel a maior público da comarca da Coruña volvemos iniciar desde hoxe a campaña.

Todo aquel abonado ou socio que o desexe poderá convidar a quen queira para o que unicamente terá que mandar un wassap ao número 648 79 49 42. O socio ou abonado terá que indicar o seu nome, apelidos e número de carné ademais do nome e apelidos do invitado, o seu número de móbil (indicando se non ten whatsapp) e número de invitacións que necesita. O prazo para a recepción de peticións finalizará o mércores 30 ás 21.00 horas.

Desde o club Básquet Coruña convidámosvos a que nos axudedes a #LlenarRiazor ante o CB Prat nun partido fundamental para as aspiracións do noso equipo ao playoff ademais de levar o #SentimientoNaranja o máis lonxe posible.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar