Equipos base | 13/02/2015 20:25
Os nosos xogadores presentes nas preseleccións galegas.

Este fin de semana tres dos nosos mozos volverán ser da partida coas preseleccións galegas que disputan senllos torneos de preparación de face aos campionatos de España.
Inés Ferreiro coa preselección alevín feminina, Pablo López e Rubén Souto coa preselección infantil masculina son o tres mozos afortunados de vivir estás experiencias. Esperemos sexan proveitosas e un pasito máis no seu camiño para formarse como xogadores e persoas.
Sorte ás seleccións galegas nestes torneos, os seus bos resultados son os do baloncesto galego.