Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 30/05/2016 21:30

O noso pivote Sergio Olmos anímache a que che inscribas ao Milenium

Nuestro pívot Sergio Olmos te anima a que te inscribas al Milenium

Sergio Olmos é o protagonista do terceiro dos nosos vídeos "E se o teu é o baloncesto?" campaña coa que o Básquet Coruña quere animar a todos os nenos a participar nas súas dúas actividades de verán: o Campus Milenium e o de Tecnificación.

O pivote conta na peza audiovisual como, grazas a un campus de verán, descubriu que a súa paixón estaba no baloncesto, a pesar de que ata os 14 anos non xogara a este deporte. Un deporte, o baloncesto, que lle deu "os seus mellores amigos" e un ensino en valores como o "compañeirismo". 

O interior, no top ten da liga regular de LEB ouro 13,37 puntos por partido, foi tamén un referente nos playoff, mellorando os seus números e chegando a promediar 15,3 por duelo.

Co obxectivo de que os nenos desfruten do baloncesto este verán, o Básquet Coruña abriu xa o prazo de inscrición, tanto presencial como online, dos seus campus de verán. Dúas modalidades: A primeira, o Milenium, do 27 de xuño ao 8 de xullo para nacidos entre 2000 e 2011 que combina dúas horas diarias de baloncesto con actividades ao aire libre, canoas e excursións. A segunda, o de Tecnificación, do 11 ao 15 de xullo, máis orientado á mellora das destrezas baloncestísticas cun traballo máis específico.

O Básquet Coruña convídache a vivir un verán divertido e en clave deportiva e quere que che fagas esta pregunta... E se o teu é o baloncesto?

Inscricións







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar