Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Equipos base | 27/09/2016 16:41

Novas concentracións para os nosos alevíns, infantís e cadetes

Nuevas concentraciones para nuestros alevines, infantiles y cadetes

Nosas alevíns Branca Fernández Borrazás, Andrea López Pedreira e Pomba López-Keller Fernández, así como Anxo Casais Romeu e Mauro Gonta Gómez, concentraranse este sábado no pavillón municipal Restollal de Santiago, en horario de mañá e tarde, para vivir unha intensa xornada de adestramento das seleccións zonais mini, convocadas pola Federación Galega de Baloncesto. Carlos Penedo, adestrador do noso club, será o adestrador encargado da selección alevín masculina coruñesa.

Non moi lonxe de alí e en dobre xornada de sábado e domingo, as preseleccións galegas en categorías femininas e masculinas de cadetes e infantís participan en novas concentracións, tras a celebrada hai un mes en Marín. No caso da categoría infantil feminina, o Club Básquet Coruña estará representado por Laura Ibáñez Díaz e Inés Ferreiro Vila, que adestrarán en Noia, no pavillón Alonso Rodríguez. Outro deportista laranxa, Rubén Souto Sante, desprazarase á Estrada para adestrar igualmente cos seus compañeiros de categoría cadete masculina, no pavillón municipal Coto Ferreiro. Ao seu lado estará o noso adestrador Hector Méndez Vidal, como parte do corpo técnico destinado a estas xornadas de preparación.

Desexámosvos a todos un encontro de bo rendemento e mellor diversión!






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi