Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Equipos base | 06/07/2017 12:15

"Non haberá dous sen tres. Ata pronto!


Javi Rodríguez, adestrador do club en diferentes categorías durante varios anos, decidiu emprender un proxecto deportivo diferente, pero antes quixo despedirse da familia laranxa. Sabemos que é un ata logo, porque no club deixa o seu pouso e porque sabemos que o seu gran corazón continúa bombeando sangue laranxa. Desexámoslle moita sorte na súa nova singradura.

"A semana pasada púxose punto final a esta segunda etapa como adestrador nos distintos equipos do Club Basquet Coruña. A primeira transcorreu de forma ininterrompida durante sete tempadas, entre a 97/98 e a 03/04. Esta segunda desenvolveuse durante cinco tempadas, entre a 12/13 e a 16/17. Sumando ambas as etapas puiden colaborar en 12 das 21 tempadas de vida do club e síntome un privilexiado por este motivo.

Durante o percorrido puiden gozar de equipos en todas as categorías e mesmo asumín funcións de Coordinación de Categorías de Formación e ata de Dirección Deportiva. Desde esa óptica atrévome a afirmar, sen ningún xénero de dúbida, que o noso Club é unha das estruturas deportivas máis completas da nosa Comunidade Autónoma, sendo un orgullo para min poder representalo na pista desde os benjamines ata o primeiro equipo.

Desta segunda etapa lévome o maxistral ensino do grupo de pais e nais da xeración do 98, a dura aprendizaxe de dirixir un equipo novo nunha categoría semiprofesional, o Baloncesto en estado puro vivido esta tempada cos benjamines e por suposto o terceiro ascenso gozado co noso escudo, neste caso á liga EBA co equipo filial.

Foron cinco tempadas inesquecibles e sobre todo o reencontro cun club ao que lle dediquei moitas horas ao longo da miña vida. Seguro que me esquecerei de alguén e pido desculpas de antemán, pero quero mostrar a miña gratitude e recoñecemento a toda a familia laranxa:

- os membros da directiva, representados no tres presidentes cos que convivín, con especial recordo para Carlos Lamora, pois no previo dun España vs Arxentina abriume as portas de volta ao club. Pasando polas marabillosas reunións con Lopi e Carlos López, ata a etapa actual de solvencia e estabilidade protagonizada polo equipo capitaneado por Juan Carlos.

- os traballadores do club, representados polos dous xerentes, Nacho e Miguel, que tantas horas dedican a facernos a vida máis fácil aos adestradores e xogadores.

- as familias dos xogadores, que con tanta dedicación e paixón entréganse ao ingrato labor de facer posible a conciliación entre estudos, familia, traballo e baloncesto. Tiven oportunidade de compartir moitas horas de reflexión, convivencia e goce con pais e nais, pero o grupo do 98 e en especial os momentos con Manolo Rei son outro deses tesouros do botín deste cinco anos.

- os adestradores e adestradoras cos que puiden seguir aprendendo sobre o noso deporte. En especial aqueles que tiven máis próximos, desde Perico Díaz, Charly, Gus, Fernando Buendía, Óscar Latexe... ata o catro axudantes cos que compartín banco: Iago Mariñas, Laura Núñez, Toni Amado e moi especialmente Edda Beltrán.

- os xogadores, os máis de 80 xogadores implicados nos equipos ás miñas ordes nesta segunda etapa, representados polos seus capitáns Manu Loira, Xoan Eiras, Pablo Nogueira e o que é para min o exemplo de xogador prototipo do que podemos esperar do traballo coa base: Rubén Rei.

A todos eles o meu agradecemento. A próxima tempada cumprirei 20 anos nos bancos e a miña vida deportiva pide afrontar agora retos fose do club, como xa ocorreu con anterioridade no Colexio Videlba, o CB Viveiro, o CB Cambre ou o CB Sarria, pero o sangue laranxa seguirá en casa coa seguinte xeración, que xa esta tempada que termina defendeu a nosa camiseta na pista.

Son do Basquet Coruña, leste é o meu club, sinto moi orgulloso diso e teño pleno convencemento de que os nosos camiños se volverán a cruzar por terceira vez. Un forte abrazo a toda a familia laranxa. VÉMONOS NAS CANCHAS!"






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi