Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 27/10/2019 14:47

Non hai dous sen tres

No hay dos sin tres

Non hai dous sen tres, nin vitoria sen sufrimento. De novo o Leyma Coruña foi superior a un rival, neste caso o TAU Castelló e encadea xa tres vitorias consecutivas, para establecer un parcial de 3-2.

O partido comezou con pouca intensidade por parte do TAU Castelló, o cal aproveitou o cadro local para porse 10 arriba no marcador. Aínda así, pouco durou a alegría de #OFornodeRiazor, xa que o cuarto finalizou con 16-10, que vía como os castellonencos achegábanse no marcador.

O segundo cuarto continuou con dominio laranxa. Os locais, guiados nesta ocasión por Mathieu Kamba, seguían vencendo, aínda que cada vez tiñan menor marxe respecto ao rival. Proba diso é que a vantaxe ao descanso era tan só de 3 puntos (32-29).

Tras os 15 minutos de respiro, os de Castelló impuxeron o seu xogo, dobregando á escuadra de Sergio García. Algúns erros á hora de anotar e a ?típica maldición? do terceiro cuarto, fixeron que a última pausa fóra de 53-52, para os locais.

Ese punto que separaba a ambos os equipos foi determinante nos últimos 10 minutos. Indo empatados na maioría dese tempo, a falta de 2 minutos e 30 segundos, os laranxas souberon aproveitar os erros do cadro de Toni Ten e impor a súa superioridade. Esta vez, dirixidos por un debutante (e case MVP), Augustas Peciukevicius.

Agora, toca pensar xa no próximo partido, pois o equipo xoga de novo este mércores en Marín, fronte ao Peixe ás 21:00 horas.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi