Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 24/07/2021 11:17

Nick Ward, novo pivot do Leyma Coruña

Nick Ward, nuevo pivot del Leyma Coruña

A Coruña 24 de Xullo de 2021. O Basquet Coruña SAD anuncia a incorporación do xogador estadounidense Nick Ward (206 cm, 24 anos) ao persoal do Leyma para a tempada 2021-22. O xogador está a disputar a liga canadense CEBL enrolado no equipo Ottawa Blackjacks, equipo no que milita Kadre Gray, incorporación do Leyma anunciada esta mesma semana.

Nick Ward é un xogador estadounidense (Gahanna, Ohio, 1997), formado na prestixiosa universidade de Michigan State (NCAA I, conferencia Big Ten), equipo adestrado por Tom Izzo, unha institución no baloncesto universitario americano cuxos equipos cultivaron numerosos galardóns e que destacan polo seu desempeño defensivo e capacidade reboteadora. Desde o seu primeiro ano na universidade (2016/17) Nick destacou no equipo e foi titular en 21 dos 35 partidos disputados, para afianzarse como pivot titular na súa segunda e terceira tempada, na que disputou a Final Four da NCAA (2018/19). As súas estatísticas persoais na súa etapa universitaria, sen disputar o 4º ano como senior, arroxan uns interesantes 13.1 puntos e 6.5 rebotes en 19.8 minutos tras disputar 104 partidos.

Tras o seu terceiro ano de universidade, e non ser elixido no draft da NBA, comeza a súa etapa profesional. Disputa as ligas de verán cos Atlanta Hawks e de aí salta á TBL, liga turca, onde tras 4 partidos é convidado a formar parte da G-League (?segunda división? da NBA) cos SkyHawks, equipo afiliado dos Atlanta Hawks (promedia en 34 partidos, 13.3 puntos e 6.7 rebotes en 20.8 minutos de xogo). Regresa á liga turca en novembro de 2020 onde disputa 4 partidos (Istambul Basket). Xa en 2021 firma cos Ottawa Blackjacks da liga CEBL canadense onde se atopa xogando agora mesmo e tras 9 partidos disputados promedia 17.7 puntos e 9.6 rebotes (5º anotador e 3º reboteador da liga).

Nick é un xogador que destaca pola súa potencia física e velocidade para o seu tamaño, características que lle proporcionan unha gran habilidade reboteadora tanto en ataque como en defensa. É zurdo aínda que hábil coa dereita, o que fan del xogador moi versátil preto do aro e que goza xogando por encima do aro para finalizar as xogadas en mate. Aínda que non se prodiga moito no tiro a media e longa distancia ten boa man no lanzamento de 3-4 metros, mesmo se atreve co lanzamento de 3 puntos en ocasións cun excelente acerto (cos Ottawa Blackjacks leva 3 de 6 lanzamentos convertidos de 3 puntos).

Desde o Básquet Coruña S.A.D. queremos trasladarlle ao xogador a nosa alegría pola súa incorporación ao persoal do Leyma e as ganas que temos de verlle xogar vestido de laranxa. Querémoslle desexar moita sorte e unha feliz estancia na cidade e no equipo, e a súa contribución no equipo axúdenos a seguir loitando polos postos de honra da clasificación. Estamos seguros de que a afección laranxa gozará moito desta incorporación e o seu nivel de xogo en #OFornoDeRiazor, onde todos os afeccionados estamos chamados a gozar de grandes partidos na nova tempada.

Campaña de Abonados ? Últimos Días do Período Bonificado (ata 31/07)
Así mesmo, lembramos que se atopa aberto a campaña de abonos para a tempada 21/22, con interesantes vantaxes (pago en 2 prazos, prioridade asignación de butacas) e descontos en todas as localidades (ademais de incluír os abonos familiares estendidos aos avós) se se formaliza a subscrición antes do 31 de xullo. Pódese realizar a través da páxina web do Club www.basquetcoruna.com ou na oficina de Arquitecto Rei Pedreira 3, A Coruña. Teléfono; 981264022.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar