Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 22/07/2019 23:37

Mike Dei Nunno, novo director de xogo para o Leyma Coruña

Mike Di Nunno, nuevo director de juego para el Leyma Coruña

A chegada de Mike Dei Nunno supón dar por pechada a posición de base do Leyma Coruña para a tempada 19-20, dando cumprimento a un dos obxectivos da confección do actual persoal de dispor de tres basees.

Curiosamente quen o deu a coñecer no club e recomendou a súa contratación, por consideralo un xogador moi talentoso, é quen liderou os últimos anos esa posición, Zach Monaghan, que tomou a decisión de buscar novos retos profesionais, e que lle deu unhas excelentes referencias da cidade, o club e a súa afección.

Era un segredo a voces que Zach Monaghan non continuaría este ano no club e a través desta nota de prensa queremos agradecerlle a súa traxectoria e o vivido no club este catro anos e indicarlle que as portas do Leyma Coruña sempre estarán abertas para el.

Mike Dei Nunno (1990), xogador americano con pasaporte italiano, é unha experimentado base que finalizou a súa formación universitaria en 2013 (mollo na NCAA en Eastern Kentucky) e desde entón foi un ?trotamundos? do baloncesto, estando enrolado en diferentes equipos de ligas europeas (Bulgaria, Reino Unido, Islandia, Italia e Grecia) sendo o líder de cada un dos conxuntos nos que competiu.

Trátase dun xogador moi completo, que desenvolve todas as facetas do xogo de base cun notable desempeño: ten un gran 1c1 que lle permite crearse espazos para anotar ou asistir aos seus compañeiros cando se pecha a defensa sobre el, dispón de gran visión de xogo e unha gran facilidade anotadora desde o perímetro.

No seu último ano universitario na NCAA disputou 34 partidos, promediando en 35 minutos 14.8 puntos e 4.4 asistencias cun acerto do 48.3% en T2, 38.7% en T3 e 84.7% en tiros libres. Xa na súa etapa profesional os seus rexistros foron mesmo mellores, cunha participación inferior: 31 minutos por partido con 17.7 puntos e 4.6 asistencias, cun acerto de 46.3% en T2, 40.4% en T3 e 85.4% en tiros libres.

Desde o Leyma Coruña damos a benvida a Mike Dinunno, ao que desexamos moita sorte durante a súa primeira tempada en España e ao que queremos agradecerlle o seu interese en formar parte do noso proxecto. Estamos seguros que o seu xogo vistoso e dinámico vai namorar aos nosos seguidores, axudaranos a cultivar moitos éxitos e que viviremos grandes tardes de baloncesto en #OFornoDeRiazor.

Campaña de Abonados

O pasado 8 de xullo iniciouse a campaña de abonados para a tempada 2019/20, cun período de prezos bonificado que estará vixente ata o 15 de agosto, importantes novidades como a asignación de butacas para todos os carnés e o mantemento da promoción 1+1, da que poden gozar os abonados da tempada 18/19 que lles permite obter un desconto do 50% no prezo do seu abono. O hashtag elixido para a campaña é #ETíDeQuenVesSendo?, co que o club espera unha acollida moi positiva dos afeccionados enunciando a resposta ?da #FamiliaNaranja? que sirva para mobilizar e animar cada vez a máis persoas a achegarse a un espectáculo tan apaixonante e nun ambiente tan san como o do baloncesto.







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city