Actividades | 17/06/2017 09:26
Mídete como piloto de carreiras no Campus Milenium

Queres probar a sensación de velocidade pilotando un vehículo de carreiras? No Campus Milenium terás a oportunidade, grazas ao acordo do noso club con XiraKarting. Trátase da primeira actividade de karting móbil galega, dirixida a todos os públicos e que percorre as principais cidades da nosa comunidade.
Desde o 29 de xuño ao 2 de xullo estará na chaira de Riazor e todos os participantes do Campus Milenium poderedes sentirvos un pequeno Fernando Alonso por un día. Ademais, haberá unha área de inchables como zona alternativa de dinamización infantil. Porque no Campus Milenium gozarás de dúas sesións diarias de baloncesto? e outras moitas actividades lúdicas e deportivas!
Canteira do automobilismo galego
Polo seu décimo aniversario, XiraKarting recupera a esencia da competición, apoiando a novos talentos que poidan ser a canteira de futuros pilotos da Federación Galega de Automobilismo (FGA), dando a opción de federarse e de participar na Rookies Cup (Campionato Infantil de Karting da FGA - de 4 a 7 anos-) de forma gratuíta grazas á Bolsa XiraKarting.
Se o dubidabas, agora telo máis claro: este verán temos un plan que vas quedar xeado!
Actividades | 15/06/2017 09:26