Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Equipos base | 23/10/2018 18:00

Maristas Coruña 73 ? 46 Básquet Coruña Leyma S. 1ª Div. Autonómica Fem.

Maristas Coruña 73 ? 46 Básquet Coruña Leyma S. 1ª Div. Autonómica Fem.

Maristas Coruña: G. Sanmartín (4), A. Insua (5), H. López (12), C. López (25), T. Pardo (4) ? 5 inicial ? M. Coquerro (13), A. Piñeiro (6), M. Rei (-), S. López (4), A. Varela (-).

Básquet Coruña Leyma S: Cris Fojo (8), Elena Ramil (3), Andrea Torrado (11), Paula Ferreiro (4), Patri Tomei (1) ? 5 inicial ?Katia García (9), María Veiga (6), Sofía Lesta (-), Miriam Noguerol (2), Marta Pastoriza (2) Mariña Carballal (-).

Parciais: 24-3, 36-17 (descanso), 58-31, 73-46 (final).

Árbitros: Lema e Casares. Sen eliminadas.

Asistencia: 100 espectadores. Colexio Maristas.

Incidencias:

Para este partido, Diego Fernández contaba con 5 baixas: Laura Criado, María Fraga, María Longueira, Karen Núñez e Jéssica Cortés, todas elas por lesión.

Entraban en convocatoria ata tres xogadoras do equipo júnior: Cris Fojo, María Veiga e Mariña Carballal.

Volvía o Básquet Coruña Leyma a entrar con pouco nivel competitivo ao partido, e sumando numerosos erros non forzados, era incapaz de xerar situacións claras ofensivas, e sufría para defender os numerosos contraataques das locais.
Estas, conectadas desde o principio, e cun bo xogo colectivo, asestaban no primeiro cuarto un golpe case definitivo ao resultado, grazas a un parcial 18-0 (24-3 min 10).

Non arrincaba mellor o segundo cuarto, alcanzando Maristas vantaxes de máis de 25 puntos, pero rapidamente chegaba a reacción das laranxas, que lideradas por Andrea e Cris, comezaban a producir en ataque, e conseguían frear o ataque local, ata achegarse aos 15 puntos tras 4 puntos consecutivos de Cris.

Dous erros no tiro libre, e un parcial 4-0 nos últimos segundos para as de Touza, evitaban que as diferenzas fosen menores ao descanso (36-17 min 20).

Tras o paso por vestiarios, as nosas seguían mostrando unha boa imaxe en ambos os lados da pista. Atopábanse tiros cómodos, e controlábase a capacidade ofensiva do Maristas.

Nos minutos finais do terceiro cuarto, e con diferenzas roldando os 15-20 puntos, un novo arreón das locais deixaba a diferenza en 27, imposibilitando calquera esperanza de remontada (58-31 min 30).

No cuarto final, as laranxas, lideradas polo pulo de Katia, volvían recortar diferenzas no electrónico, aínda que Maristas respondía por momentos, sen pasar apuros nestes últimos minutos (73-46 min 40).

Próxima xornada

Básquet Coruña Leyma S ? Campus Universitario Ourense: domingo 28, 17:00 horas, Riazor 2.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city