Os números do Melilla Baloncesto

O Leyma Natura enfróntase, tras a vitoria da semana pasada, ao Melilla Baloncesto, o decano da Adecco Leb Ouro.

O equipo melillense marcha nestes momentos no posto 11º da clasificación con 5 vitorias, das cales, 4 conseguíronas como locais (Clínicas Recuncho, Barça ?B?, COB e Oviedo) e unha como visitante (Planasa). Na primeira volta, no partido disputado no Palacio dos Deportes, o Leyma Natura impuxésese por 1 só punto de diferenza (80-79).

A pesar de ocupar os postos baixos da clasificación nestes momentos, o Melilla ten unha moi bo persoal. O posto de base repártenllo entre: Joan Rise que xoga unha media de 26 minutos anotando 8,9 puntos, 2,3 rebotes e 3,1 asistencias por partido, e Adrián Fontes, un xogador con moita experiencia na categoría que dá moita sobriedade ao posto nos 13 minutos de media que disputa. A liña exterior está conformada por xogadores con moita experiencia na liga como: Iñaki Narros, que chegou este ano procedente de Planasa e que xoga máis de 23 minutos de media anotando 8 puntos e 2 rebotes por partido, Sergi Piñeiro quen nos 22 minutos que xoga de media achega 7,5 puntos e 2,8 rebotes, Eloy Almazán, que este ano se está mostrando especialmente acertado no seu lanzamento de 6,75 cun 50% de acerto, e Brothers, un escolta americano con moita capacidade anotadora e que en 24 minutos de media anota unha media de 11,3 puntos. O xogo interior encabézao un xogador cunha gran traxectoria na liga como Héctor Manzano que xoga unha media de 26 minutos achegando 8,2 puntos e 5,8 rebotes; Jonathan Durley, 19 minutos, 10 puntos e 4 rebotes; Devin Wright, quen en 21 minutos en pista anota 9,6 puntos e captura 6 rebotes dos cales case 3 son ofensivos; e Deividas Busma un cinco que xoga 14minutos de media achegando 4,7 puntos e 4,7 rebotes.

O Melilla caracterízase por ser un equipo moi experimentado, como Club, disputaron todas as edicións da competición, 18 edicións, e entre todos os seus compoñentes atesouran 50 tempadas na categoría.

Será un partido moi complicado para o Leyma Natura xa que o Melilla está a unha única vitoria do Play Off de ascenso, veñen de perder contra o Barça ?B? a semana pasada polo que quererán resarcirse da derrota e lograr a vitoria na súa casa cos seus afeccionados. Ademais, están a unha única vitoria do Play Off de ascenso.

Web do Melilla Baloncesto