Os laranxas pasan os recoñecementos médicos da nova tempada

O plantel do Leyma Coruña comeza a súa posta a punto a piques da nova tempada da liga LEB Ouro 2016-2017. Onte e hoxe sometéronse aos recoñecementos médicos correspondentes no Centro Médico Quirónsalud A Coruña, mediante analítica completa, exploración cardiológica e consulta médica.

A partir de mañá mércores, os de Tito Diaz comezan un intenso plan de adestramentos de pretemporada no Palacio dos Deportes de Riazor que incluirá a participación en diversos encontros amigables cuxo calendario se pechará nos próximos días.

Desde o pasado venres a liga ten tamén data de arranque: será o 30 de setembro e os nosos debutarán a domicilio, en partido contra a Maxia Huesca. Para o venres seguinte queda o primeiro choque que a afección laranxa poderá gozar en vivo. Será o primeiro derbi de tempada, contra o Marín Peixegalego, o 7 de outubro.