Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 26/08/2016 10:26

Os máis pequenos do Club tamén regresan ás pistas e á competición

Los más pequeños del Club también regresan a las pistas y a la competición

Tras o regreso dos maiores da canteira aos adestramentos, achégase a quenda dos máis pequenos do club. O luns 5 de setembro, non moi lonxe da estrea do novo curso escolar, as canchas da cidade volven acoller a actividade das escolas de Baby Basket e de alevíns e benjamines, así como a dos equipos masculinos e femininos de todos os nados entre 2005 e 2009.

A intención do Club é contar co suficiente número de nenos e nenas que permita formar nove equipos nestas categorías, así como seguir potenciando o baloncesto feminino. Neste sentido, prevemos crear por primeira vez un equipo benjamín de nenas, ademais de manter dous alevíns como na pasada tempada.

Proximamente informaremos os adestradores designados para cada grupo, pero xa podemos adiantar que reforzamos a estrutura do corpo técnico mediante a incorporación de varios adestradores superiores con experiencia e dispostos a pór todos os seus coñecementos ao servizo dos máis peques da familia laranxa.

Estes son os horarios e lugares previstos para os adestramentos de cada grupo durante a nova tempada, aínda que pode darse algunha variación de última hora:

Alevín masculino 05: martes e xoves na Sacra Familia de 19:00 a 20:30 horas, e venres en Agra 2 de 19:30 a 21:00 horas.

Alevín masculino 06: luns na Normal de 18:20 a 20:00 horas, e xoves e venres de 18:00 a 19:30, na Normal e Agra 2 respectivamente.

Alevín masculino 05 B: luns na Normal de 18:20 a 20:00 horas, e xoves e venres de 18:00 a 19:30, na Normal e Agra 2 respectivamente.

Alevín Feminino 05: martes en Agra 2 de 18:00 a 19:30 horas, xoves nos Rosales de 19:00 a 20:00 horas, e venres en Agra 2 de 19:30 a 21:00 horas.

Alevín Feminino 06: martes en Agra 2 de 18:00 a 19:30 horas, xoves na Normal de 18:00 a 19:30, e venres en Agra 2 de 18:00 a 19:30 horas.

Benjamín Masculino 07: martes, mércores e venres na Normal de 18:20 a 20:00 horas.

Benjamín Masculino 08: martes, mércores e venres na Normal de 18:20 a 20:00 horas.

Benjamín Masculino 09: martes, mércores e venres na Normal de 18:20 a 20:00 horas.

Benjamín Feminino 07: martes, mércores e venres na Normal de 18:20 a 20:00 horas.

Escola de Alevíns e Benjamines: luns e xoves na Normal de 18:20 a 20:00 horas.

Baby Basket: mércores e venres na Normal de 18:20 a 19:30 horas.

Xa falta pouco para a volta ao bulicio dos entrenos e da competición. Xogadores, familiares e amigos, vémonos moi pronto na pista e na bancada!






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar