Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 22/03/2015 19:23

Os equipos femininos do Club participan nun torneo en Bembibre

Los equipos femeninos del Club participan en un torneo en Bembibre

Este sábado os equipos femininos do club desprazáronse a Bembibre para poder coñecer de preto o baloncesto feminino de máximo nivel, pero o día deu para moito máis.

A xornada comezou co partido amigable entre o equipo junior de Básquet Coruña e o equipo junior-senior do CB Bembibre, no que as maiores do noso club tiveron a sorte de contar co apoio da bancada máis animada que se poida imaxinar. Tras repor forzas tocoulles a quenda aos alevíns, que se desprazaron a Ponferrada para xogar contra o equipo alevín do CB 6.25; e ás infantís que se enfrontaron ao equipo cadete do CB Bembibre.

A xornada terminaba no Bembibre Area, gozando do partido de Liga Feminina entre os Embutidos Pajariel Bembibre PD e o Rivas Ecopolis, no que os alevíns do club tiveron a sorte de saltar ao parquet para xogar durante o tempo de descanso. Ao finalizar o encontro todas as mozas de Básquet Coruña baixaron á pista para fotografarse e estar á beira das xogadoras de ambos os equipos.

Valoración moi positiva dunha xornada que permitiu ás nosas mozas coñecer de preto a liga Feminina, interaccionar entre as distintas xeracións de xogadoras do club e pasarllo xenial.

Desde o Club Básquet Coruña queremos agradecer ao CB Bembibre o interese que puxeron e as facilidades que nos deron para organizar esta xornada e por recibirnos en Bembibre e tratarnos coma se estivésemos en casa. 

Galería de imaxes






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar