Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 01/04/2015 10:38

Os equipos alevin masc. e fem. 03 participaron nun Torneo en Baiona

Los equipos alevin masc. y fem. 03 participaron en un Torneo en Baiona

O pasado fin de semana, o equipo alevín feminino e o masculino 03, participaron no IX Torneo Internacional do Baiona de Minibasket.

Os mozos do Club, puideron gozar dun fin de semana inesquecible no que que foron partícipes dun Torneo cun grandísimo nivel, tanto no deportivo como organizativo.

Neste Torneo, que contou con equipos do catro provincias galegas e de Portugal, participaron un total de 25 equipos; 17 en categoría masculina e 16 en feminina.

O torneo estivo organizado en categoría masculina e feminina nunha fase previa de grupos de 4 equipos. Tras unha primeira fase de grupos, os dous primeiros clasificados de cada grupo, competían polo campionato mentres que os 3º e 4º clasificados competían polo campionato de consolación.

Categoría Masculina: 17 equipos.

- Pontevedra: CB Baiona, Novobasketvigo, CB Tui, Seis do Nadal Coia, Porriño Baloncesto Basee, Sigaltec Villagarcía, CB Villagarcía, Estudantes Pontevedra.

- Ourense: Branco Amor, Bosco Salesianos e CB Allariz.

- Lugo: Estudantes Lugo.

- A Coruña: CB Ferrol, Básquet Coruña.

- Portugal: Basket Clube Limiense, Castelo Branco.

Categoría Feminina: 16 equipos.

- Pontevedra: CB Baiona, Academia Celta, Seis do Nadal Coia, Porriño Baloncesto Basee, Colexio Mariano, Sigaltec Villagarcía, CB Villagarcía, Arxil Pontevedra.

- Ourense: CB Allariz, Divino Mestre, Carmelitas Ourense.

- Lugo: Estudantes Lugo.

- A Coruña: Pio XII, Basquet Coruña, Universitario Ferrol.

- Portugal: Basket Clube Limiense.

Galería de imaxes do Torneo 

O Club Básquet Coruña desexa agradecer aos organizadores do Torneo a magnífica organización e agarimo co que desenvolveron o seu traballo.

  






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar