Primer equipo | 19/09/2016 13:22
Leyma renova o seu compromiso co primeiro equipo do Club Basquet Coruña
A menos de dúas semanas para comezar unha nova edición da LEB Ouro, o partido amigable celebrado este sábado en Riazor entre o Leyma Coruña e o Xuven Cambados serviu como escenario para presentar a renovación do apoio da marca Leyma ao equipo herculino, ao que está ligado desde a tempada 2005/06, o que supón un compromiso que alcanza xa as doce tempadas.
Antes do inicio do encontro, Jesús Lence, presidente do Grupo Leite Río -propietario da marca Leyma, entre outras- charlou con xogadores e corpo técnico, e coñeceu as novas fichaxes do plantel comandado por Tito Díaz, acompañado polo presidente do club baloncestístico, Juan Carlos Fernández.
Tras a foto de familia na que os laranxas luciron o seu novo equipamento para a tempada 2016/07, o presidente do Grupo Leite Río seguiu o encontro no Palacio dos Deportes de Riazor. O choque saldouse con vitoria local e asegurou o pase á semifinal da Copa Galicia -sábado 24 en Noia-, suceda o que suceda no último partido dos laranxas na actual fase do torneo autonómico, este xoves 22 en Ribadeo contra o Café Candelas Breogán.
Primer equipo | 18/09/2016 13:22
O Leyma Coruña estreou o marcador de Riazor con folgada vitoria ante o Xuven Cambados
Primer equipo | 21/09/2016 13:22