Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Fisiogal Centro de Fisioterapia - Basquet Coruña Leyma S · 29/11/2020 19:00 La Salle || Senior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña S · 28/11/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Maristas Coruña · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalia · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - KFC Culleredo · 29/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Montrove · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U12 · 29/11/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC Culleredo · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo

Equipos base | 13/04/2018 13:17

As fotos da canteira do Básquet Coruña xa dispoñibles na web laranxa

Las fotos de la cantera del Básquet Coruña ya disponibles en la web naranja

A nutrida canteira laranxa do Básquet Coruña quedou inmortalizada unha tempada máis e todos os nosos xogadores xa poden descargar na páxina web do club o cromo coa súa foto así como a instantánea colectiva cos seus respectivos equipos.

Ademais da participación de todas as escuadras de canteira cos seus adestradores, tamén estivo o primeiro equipo e o seu corpo técnico, a directiva laranxa, D. Jesús Lence, o noso principal patrocinador, ademais do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Cultura e Coñecemento, José Manuel Sande. Todos eles sacáronse unha foto de familia no Palacio dos Deportes de Riazor.

Como feito distintivo este ano todos os nosos xogadores colocáronse unha calcomanía no brazo co escudo do club e cunha serie de valores que se tratan que transmitir a través do baloncesto: esforzo, equipo, diversión, respecto e emoción. Con cada unha destas palabras os membros dos diferentes equipos pousaron tanto nas fotos individuais como nas de familia. Unha forma de subliñar eses valores innegociables e que forman parte da práctica deportiva e que día a día os adestradores do club laranxa tratan de inculcar aos seus xogadores.









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city